TextNav permíteche procurar o texto que queres ler nunha páxina web con só un atallo de teclado. Máis concretamente, engade unha orde para saltar ao seguinte ou anterior parágrafo de texto - que é un parágrafo que contén unha ou máis oracións. Esta característica podería ser útil para atopar rapidamente a parte textual dunha páxina web ou para saltarse menús, anuncios e outros elementos da páxina sen importancia.
[[!tag dev stable]]