Input Lock

Introdución

Tes nenos ou mascotas na casa? Tes un gato ao que lle gusta moito subirse á túa mesa e pasear sobre o teu teclado? Moves accidentalmente o rato a partes aleatorias da pantalla mentras usas o teu portátil? Entón Input Lock é para ti! Poderás deixar o teu computador só e acendido sen risco.

Unha vez instalado, poderás bloquear o teu teclado, pantalla táctil, se o teu portátil ten unha, rato e pantalla braille.

Uso

Este complemento engade dous xestos extra a NVDA. Por defecto non están asignados, de maneira que terás que configuralos dende o diálogo de Xestos de entrada. Le a Guía do Usuario do NVDA para máis información.

Cando premas o xesto toggle input lock (alternar bloqueo de entrada), NVDA dirá "Input locked" ("entrada bloqueada"). Os teus dispositivos de entrada bloquearanse ata que premas o mesmo xesto de novo. Nese momento, NVDA dirá "Input unlocked" ("Entrada desbloqueada") e todo funcionará como de costume.

Se premes o xesto toggle mouse lock (alternar bloqueo do rato), bloquearase o teu rato. Preme este comando novamente para desbloquealo. Mentres o rato está bloqueado, podes utilizar xestos do NVDA para movelo, e facer click cos botóns esquerdo e dereito, pero non podes mover o propio rato. Os clicks do rato tamén poden deshabilitarse dende a categoría Input lock ("Bloqueo de entrada") no diálogo de axustes do NVDA (NVDA 2018.2 e superior) ou dende o diálogo de preferencias do complemento en versións máis antigas, dispoñible baixo o menú de preferencias. Ademais, con estes axustes podes controlar se o rato se bloqueará ou non cando NVDA se inicie.

Nota: cando os clicks do rato están bloqueados, non podes utilizar ningún xesto de NVDA para traballar co rato.

Limitacións e problemas coñecidos

Input Lock ten os seguintes problemas coñecidos:

Rexistro de trocos

Versión 1.11

Versión 1.10

Versión 1.9

Versión 1.8

Versión 1.7

Versión 1.6

Versión 1.5

Versión 1.4

Versión 1.3

Versión 1.2

Versión 1.1

Versión 1.0

[[!tag dev stable]]