Enhanced Aria

Este complemento permíteche persoalizar que pontos de referencia aria anuncia o NVDA cando navegues polo Internet.

A súa funcionalidade é moi sinxela. Unha vez instalado, abre o teu navegador web e visita as webs normalmente. Os pontos de referencia aria anunciados de xeito predeterminado polo Firefox e polo Chrome tamén serán visibles no Internet Explorer, así poderás premer as teclas de navegación rápida para saltar entre eles, e listalos premendo NVDA+f7 en todos os navegadores. Le a Guía do Usuario do NVDA para máis información.

O complemento engade un ponto de referencia extra que non se inclúe por defecto no NVDA, o artigo (abreviado en braille como art).

O diálogo Configuración

Podes habilitar ou deshabilitar pontos de referencia indo cara NVDA, preferencias, Opcións de Enhanced Aria ou dende a categoría correspondente no diálogo de opcións do NVDA. O diálogo ten unha caixa de verificación para cada ponto de referencia. Se deshabilitas un ponto de referencia, non poderás saltar cara el premendo a tecla d cando navegues por unha páxina web, e o NVDA non o anunciará.

Información de contacto

Este complemento foi desenvolvido por José Manuel Delicado. Se queres contactalo, envía un correo electrónico a jm.delicado@nvda.es, ou abre un issue en GitHub en https://github.com/jmdaweb/enhancedAria

Rexistro de cambios

Versión 2.7

Versión 2.6

Versión 2.5

Versión 2.4

Versión 2.3

Versión 2.2

Versión 2.1

Versión 2.0

Versión 1.3

Versión 1.2

Versión 1.1

[[!tag dev stable]]