Clip Contents Designer
Este complemento úsase para engadir texto ó portapapeis, que pode ser útil
cando queras unir seccións de texto listas para pegarse xuntas. O contido
do portapapeis tamén pode limparse e amosarse en modo exploración.
Ordes de teclado
- NVDA+windows+c: engade o texto seleccionado, os caracteres braille Unicode
que representan obxectos MathML, ou a cadea que se marcou co cursor de
revisión, ao portapapeis.
- NVDA+windows+x: Limpa o contido do portapapeis.
- Sen asignar: Copia a (ou corta dende) o portapapeis, coa posibilidade de
que se che pregunte por unha confirmación previa.
- Sen asignar: amosa o texto do portapapeis como HTML en modo exploración,
ou anuncia se o portapapeis está vacío ou ten contido que non se pode
amosar nunha mensaxe navegable, se se están a copiar arquivos ou carpetas
do Explorador de Windows, por exemplo.
- Sen asignar: Amosa os contidos textuais do portapapeis como texto plano en
modo exploración, ou anuncia se o portapapeis está vacío ou ten contido
que non se pode amosar nunha mensaxe navegable, se se están a copiar
arquivos ou carpetas do Explorador de Windows, por exemplo.
Opcións de Clip Contents Designer
Este panel está dispoñible dende o menú de NVDA, submenú Preferencias,
diálogo Opcións.
Contén os seguintes controis:
- Escribe a cadea de texto que se utilizará como separador entre contido
engadido ao portapapeis: Permite establecer un separador que se pode
utilizar para buscar os segmentos de texto unha vez se pegue todo o texto
engadido.
- Engadir texto tralos datos do portapapeis: Tamén é posible escoller se o
texto engadido se engadirá ó final ou ó principio.
- Seleccionar as accións que requiren confirmación previa: Podes escoller,
para cada acción dispoñible, se se debe realizar inmediatamente ou previa
confirmación. As accións dispoñibles son: engadir texto, limpar
portapapeis, emular copiar e emular curtar.
- Pedir confirmación antes das accións seleccionadas cando: Podes
seleccionar se as confirmacións se solicitarán sempre, só se o portapapeis
contén texto, ou se o portapapeis non está baleiro (por exemplo se
copiaches un arquivo, non texto).
- Formato no que amosar o texto do portapapeis como HTML en modo
exploración: Se estás aprendendo a linguaxe de marcas HTML, podes escoller
Texto Preformateado en HTML ou HTML como se amosaría nun navegador web,
para ter unha idea de cómo o teu código HTML se tratará dende NVDA nun
navegador. A diferencia entre HTML preformateado e convencional é que a
primeira opción preservará os espazos e saltos de liña consecutivos, e o
segundo compactaraos. Por exemplo, escribe algunhas etiquetas HTML como
h1, h2, li, pre, etc., selecciona e copia o texto ao portapapeis, e
utiliza o complemento ClipContentsDesigner para amosar o texto nunha
mensaxe navegable.
- Número máximo de caracteres ao amosar texto do portapapeis en modo
exploración: Por favor, ten en conta que incrementar este límite podería
producir problemas se o portapapeis contén largas cadeas de texto. O
límite por defecto é de 100000 caracteres.
- Restore defaults.
Notas:
- Non se solicitarán confirmacións cando estea aberta unha Caixa de mensaxe
do NVDA. Neses casos, as accións realizaranse inmediatamente.
- Emulate copy and emulate cut commands mean that, when these features are
enabled, the add-on will take control of control+c and control+x. This
will allow to select if a confirmation should be requested before
performing the actions corresponding to these keystrokes.
Changes for 22.0.0
- Added a button to restore defaults in the add-on settings panel.
- The add-on cannot be run in secure mode.
Cambios para 17.0
- Compatible con NVDA 2023.1.
Cambios para 16.0
- Require NVDA 2022.1 ou posterior.
Cambios para 15.0
- A orde para engadir texto ó portapapeis aparece de novo no diálogo xestos
de entrada.
- Arranxadas as ordes para copiar e cortar en teclado persa, grazas a
Mohammadhosein Ghezelsofla.
Cambios para 14.0
- Compatible con NVDA 2021.1.
Cambios para 13.0
- Arranxado un problema no deseño visual do panel de opcións, grazas a
Cyrille Bougot.
- Mellorada a documentación.
- Engadida unha categoría Clip contents Designer para asignar xestos de
entrada a tódolas ordes dispoñibles neste complemento.
- Arranxados erros ao usar emular copiar en en navegadores cando o modo foco
estaba activo.
- Podes asignar diferentes xestos para amosar o contido textual do
portapapeis como texto plano ou formateado en HTML. O Formato no que
amosar o texto do portapapeis no panel de opcións modificouse en
consecuencia, para seleccionar as dúas opcións dispoñibles para o formato
HTML.
Cambios para 12.0
- Arranxados erros ao usar emular copiar en aplicacións como LIbreOffice
Writer.
Cambios para 11.0
- Agora é posible engadir texto marcado co cursor de revisión utilizando
ordes estándar do NVDA (NVDA+F9 e NVDA+F10). NVDA+Windows+F9 xa non se
usa, para unha mellor integración co novo atallo NVDA+Shift+F9.
- Require NVDA 2019.3 ou posterior.
Cambios para 10.0
- Arranxado un erro no diálogo utilizado para mostrar o texto do portapapeis
cando o seu título contiña caracteres non latinos.
- Arranxado un erro ao utilizar as funcións emular curtar e copiar cunha
distribución de teclado árabe. Isto foi solucionado por Abdel, engadido
como un autor do complemento.
Cambios para 9.0
- Engadida a posibilidade de amosar o texto do portapapeis en modo
exploración.
- Engadida unha opción para elixir se se requerirán confirmacións se o
portapapeis non está vacío; por xemplo, se se están a copiar arquivos ou
cartafoles.
- Requírese do NVDA 2018.4 ou posterior.
Cambios para 8.0
Cambios para 7.0
- No diálogo para configurar as funcionalidades de Emular copiar e Emular
curtar na instalación, se elixes non, os comandos para estas
características eliminaranse, de xeito que poidas restaurar o
comportamento normal das teclas ctrl+c e ctrl+x.
Cambios para 6.0
- Added options to choose if available actions should be performed after
confirmation.
- Added Emulate copy and Emulate cut commands, which could be assigned from
the Input gestures dialog.
- Added a dialog to configure the Emulate copy and Emulate cut
functionalities at installation. This allows to add the control+c and
control+x commands to copy and cut, and be asked if you want to replace
the clipboard contents when pressing these keystrokes.
- Fixed documentation for script_add (Windows+NVDA+c).
Cambios para 5.0
- A presentación visual do diálogo mellorouse, engadíndose á aparenza dos
diálogos amosados no NVDA.
- Requírese do NVDA 2016.4 ou posterior.
Cambios para 4.0
- As opción do complemento adminístranse dende a configuración do NVDA, así
que os perfís estándar pódense usar para gardar diferentes separadores, e
non é necesario copiar as opcións para importalas na reinstalación.
- Agora é posible escoller se o texto engadido se anexará ou se anteporá,
usando a casilla de verificación Engadir texto antes de clip data dende o
diálogo Opcións do Clip Contents Designer.
Cambios para 3.0
- Pódese engadir a representación braille de obxectos MathML ó portapapeis
se MathPlayer está instalado.
- Se non se puxo un separador, porase una soa liña entre os segmentos de
texto engadido.
- Pódese asignar un atallo de teclado para abrir o diálogo de opcións do
Clip Contents Designer .
- Engadida unha caixa de verificación no diálogo de opcións, para escoller
se o separador se debería copiar para seren importado cando se reinstale o
complemento.
Cambios para 2.0
- Pódense usar caracteres Hindi como o separador entre contidos engadidos.
Cambios para 1.0
[[!tag dev stable]]